Concurso de Fotografía San Pepe 2010
Bases do concurso
Obxectivos:
A Facultade de Informática da Coruña invítavos a participar neste concurso fotográfico aberto a todos os membros da Universidade da Coruña (UDC), co que se quere premiar as mellores fotografías nas categorías establecidas nestas bases.
Este concurso forma parte das actividades de celebración do “San Pepe”, o patrón da Facultade de Informática, que este ano varía o seu formato engadindo actividades paralelas á propia festa.
- Condicións:
- Poderán participar todas as persoas vinculadas á UDC (sector do estudantado, PDI e PAS).
- O concurso establece dúas temáticas ou categorías, podendo os participantes presentar un máximo de dúas fotografías en cada unha delas.
- Estas dúas categorías son:
- A informática
- A FIC (Facultade de Informática da Coruña)
- Presentación das obras:
- Cada concursante elixirá un seudónimo para a súa participación neste concurso.
- As fotografías serán de formato libre e deberanse presentar montadas sobre un soporte ríxido ou semirríxido (cartón, cartón-pluma, etc.) rectangular de 30x40 cm.
- As fotografías deberán ser orixinais e o autor deberá estar en posesión de todos os dereitos sobre as mesmas.
- As fotografías non poderán incluir ningún elemento que permita identificar directamente ó seu autor. No seu reverso deberá figurar o seudónimo elexido, a categoría á que se presenta e, opcionalmente, o título da obra.
- Nun sobre pechado aparte, incluiranse un CD ou DVD coas imaxes presentadas en formato JPG e unha folla cos seguintes datos:
- Seudónimo do concursante.
- Nome completo.
- Vinculación coa UDC (centro no que estuda ou traballa e sector ó que pertence).
- Número de teléfono e dirección de e-mail.
- As fotografías que, a xuízo do xurado, non cumpran algún destes requisitos serán descalificadas.
- As fotografías entregaranse no Decanato da Facultade de Informática da Coruña.
- No caso de non poder entregar as obras en man, enviaranse por correo á seguinte dirección:
- Concurso de Fotografía "San Pepe 2010", Facultade de Informática da Coruña, Campus de Elviña, s/n. 15071 - A Coruña
- O material presentado non será devolto.
- Xurado:
- O Decano da Facultade de Informática da Coruña designará un xurado de 5 membros que seleccionará a fotografía ganadora en cada categoría.
- O fallo do Xurado farase público á semana seguinte do remate do prazo de entrega, e comunicarase a todos os gañadores.
- A decisión do Xurado é inapelable.
- Prazos e premios:
- O prazo de recepción das obras remata o 17 de marzo de 2010 ás 14 horas.
- O xurado escollerá un gañador por cada categoría.
- Cada gañador recibirá un premio de 150 euros.
- As tres mellores fotografías de cada categoría recibirán un diploma acreditativo.
- Dereitos de autor e exposición:
- A Facultade de Informática da Coruña resérvase o dereito de realizar unha exposición pública cas fotografías presentadas.
- A Facultade de Informática da Coruña e a UDC terán dereito a utilizar as dúas fotografías gañadoras en campañas propias de difusión, mencionando sempre aos autores das mesmas.
A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.